O arcebispo preside no Grove as celebracións da Virxe do Carme

O arcebispo, monseñor Julián Barrio, presidiu hoxe no Grove a Eucaristía en honra da Virxe do Carme. D. Julián convidou os asistentes á cerimonia eucarística a mirar “á Estrela dos Mares para buscar nela orientación, consolo e sentido cristián na nosa vida”.

“Hoxe, con especial afecto, compartindo as vosas preocupacións, quero lembrarvos que a Igrexa está ao voso lado; que vos acompaña nos momentos de alegría, e sofre convosco cando a vida vos achega máis a Xesucristo na Cruz”, comentoulles monseñor Barrio na súa homilía.

Ademais, o arcebispo visitou hoxe as obras de restauración da CASA REITORAL de San Vicente do Grove, que se prevé sexan inauguradas a principios do próximo ano e que será un centro de campamentos e convivencias para a mocidade da nosa diocese. O novo espazo atópase nun enclave especial á beira da praia.

Versión en castelán