O arcebispo preside a celebración do Mércores de Cinza

Monseñor Julián Barrio, arcebispo de Compostela, ten hoxe, Mércores de Cinza, unha intensa axenda pastoral neste inicio do tempo de Coresma. Pola mañá, o arcebispo presidiu un retiro sacerdotal con imposición da cinza na Vigairía de Pontevedra e pola tarde, na compostelá Igrexa de Santa María Salomé, celebrará a Eucaristía na que se impoñerá a cinza aos fieis.

Tamén o bispo auxiliar, monseñor Jesús Fernández, desprazouse a distintas parroquias da Coruña para presidir a cerimonia litúrxica do Mércores de Cinza. Ao comezo deste tempo litúrxico que culminará na Semana Santa e o Domingo de Pascua, o arcebispo dirixirá senllos retiros os días 7 e 8 nas vigairías de Santiago e A Coruña, respectivamente.

Versión en castelán