O arcebispo preside a Misa de envío de «Misión de Evanxelización en Sanxenxo»

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, presidiu este martes en Sanxenxo a Misa de envío de «Misión de Evanxelización en Sanxenxo», que se celebrou no Templo Novo desta localidade. Misión Sanxenxo é, como din os seus promotores, «ante todo, unha aventura». Trátase de «unha experiencia desas que deixan pegada e removen todo o noso interior».
«Misión Sanxenxo», explican os seus promotores, «busca propoñer novas formas de diversión sa, alegre e construtiva para as familias e os mozos».

O programa de actividades abarca ata o domingo 11 de agosto e inclúe actos como «Unha luz na noite», charlas de formación, testemuños, concertos e oratorios festivos para nenos.

Versión en castelán