O arcebispo preside a Misa Solemne de Caión como colofón aos días de Romaría

A Celebración da Virxe dos Milagres en Caión chega ao seu fin. Do mesmo xeito que sucedeu noutros moitos santuarios, estes días de novena e festa foron “atípicos” e históricos, marcados pola covid-19. A imaxe da Santísima Virxe permaneceu este ano no templo parroquial, no canto de ser trasladada, como é costume, ao próximo santuario. Deste xeito foi posible recibir os numerosos devotos e peregrinos con todas as medidas posibles de prevención sanitaria. Mons. Julián Barrio quixo presidir a Misa solemne das 13:30h acompañando ao pobo de Deus, congregado desde moitos lugares para honrar á nosa Señora co agarimo dos bos fillos.

Versión en castelán