O arcebispo presidiu a misa de Televisión de Galicia deste III Domingo de Coresma

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, quixo hoxe presidir a Misa que todos os domingos transmite TVG. As directrices acordadas polos bispos galegos hai dous días incluían a recomendación de oír misa por radio ou televisión, xa que se suprimiu o culto público e dispensouse aos fieis do precepto dominical.

Na Eucaristía pediuse por todos os afectados polo COVID-19, polos falecidos, polas súas familias, polo persoal médico, de enfermería e auxiliares e por todas aquelas persoas que traballan nos centros sanitarios.

Os escasos fieis que estaban presentes gardaron entre si a distancia de seguridade, tal e como establecen as autoridades.

Versión en castelán