O arcebispo presidirá o domingo unha sinxela cerimonia de Corpus Christi na Igrexa de San Francisco

  • Con aforo limitado, haberá unha procesión interior no templo permanecendo os fieis nos seus bancos

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, presidirá este domingo, solemnidade de Corpus Christi, a Eucaristía que se celebrará na Igrexa compostelá de San Francisco a partir das 12:00 horas. Será unha cerimonia sinxela, na que se manterán as medidas de seguridade propias do estado de alarma e por tanto non haberá procesión polo exterior. No interior coidarase o aforo.

Por iso, o único especial será unha sinxela procesión co Santísimo, ao finalizar a Misa, polo interior da Iglesia, cos acólitos, sacerdotes e o arcebispo levando a Custodia. Os fieis permanecerán sen moverse dos bancos, e ao regresar ao altar monseñor Barrio impartirá a bendición solemne co Santísimo.

Versión en castelán