O arcebispo presidirá este domingo a Misa que emite TVG ás 10:00 horas

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, presidirá mañá, domingo día 29 de marzo, a Eucaristía que ofrece Televisión de Galicia a partir das 10:00 horas. É a terceira ocasión na que o arcebispo preside esta Santa Misa desde que se instaurou o estado de alarma e despois de que os bispos galegos decidisen conxuntamente a supresión do culto público, dispensasen aos fieis da obrigación de asistir á Eucaristía os domingos e festas de precepto e recomendasen seguir as celebracións por televisión.

Versión en castelán