O arcebispo presidirá as XXIX Asemblea de Cáritas Diocesana

  • Lema do encontro: “A acción de Cáritas á luz dunha lectura crente dos novos tempos”.
  • A reunión terá como marco o colexio La Salle de Santiago e celébrase o sábado

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, presidirá a XXIX Asemblea Xeral Ordinaria de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela que se celebrará mañá, sábado, día 23 de novembro en dependencias do colexio La Salle de Santiago, iniciándose ás 10,30 horas, e na que participarán axentes procedentes de toda a diocese. O lema escollido para o encontro é “A acción de Cáritas á luz dunha lectura crente dos novos tempos”. Para reflexionar sobre o tema contarase coa presenza de Vicente Martín Muñoz delegado Episcopal de Cáritas Española.

No transcurso do encontro renderase homenaxe a 21 axentes de Cáritas que levan 25 anos de servizo a favor da institución.

O administrador, Manuel Varela de Limia , e o director diocesano, José Anuncio Mouriño Rañó, presentarán senllos informes do traballo desenvolto ao longo dos dous últimos anos, e farán propostas para a xestión e a actuación para o novo período.

A Asemblea, que se reúne con carácter ordinario cada dous anos, ten entre os seus obxectivos establecer criterios e orientacións prácticas polos que se rexerán programas e proxectos de Cáritas; recibir información sobre a xestión económica e financeira; pronunciarse sobre liñas fundamentais e directrices que han de conter os orzamentos e avaliar, no seu caso, o proxecto que presente o Consello diocesano.

Versión en castelán