O arcebispo lembra que a Colecta para os Santos Lugares será o domingo 13 de setembro

  • D. Julián indica nunha Carta Pastoral que Terra Santa necesita a axuda de todos os cristiáns

Queridos diocesanos:

No comezo das actividades do novo curso pastoral quero lembrarvos que a Colecta para Terra Santa que normalmente se ten o Venres Santo, o Papa polas circunstancias da pandemia considerou que debía facerse o domingo día 13 de setembro, véspera da festa da Exaltación da Santa Cruz. Esta festividade lémbranos o descubrimento da reliquia da Santa Cruz por Santa Elena e o inicio do culto público en Xerusalén coa construción da Basílica do Santo Sepulcro.

Este ano a Diocese non puido realizar a peregrinación a Terra Santa no contexto da preparación do Ano Santo Compostelán como fose o noso desexo e fixemos noutros anos precedentes ao Ano Xubilar, mostrando tamén a nosa proximidade á comunidade cristiá que peregrina en Terra Santa, como algúns de vós lembrades. Non se nos ocultan as dificultades e as necesidades económicas desa comunidade. Non nos poden ser alleas, e na medida das nosas posibilidades habemos de contribuír a palialas coa nosa colaboración económica.

É vésperas da celebración do Ano Santo Compostelán sería oportuno redescubrir aqueles vestixios humildes relacionados co Apóstolo Santiago o Maior en Terra Santa. Concretamente hai unha pequena Iglesia dedicada ao Apóstolo en Jaffa de Nazaret que abre e celebra soamente o culto ao Apóstolo coincidindo co Xubileu compostelán.

Que esta memoria sirva para motivar a nosa oración e axudar economicamente a esta comunidade cristiá. Co meu cordial saúdo e bendición no Señor.

+ Julián Barrio Barrio,
Arcebispo de Santiago de Compostela.

Versión en castelán