A Delegación Diocesana de Apostolado Seglar, que dirixe o sacerdote diocesano Javier Porro, organiza para este sábado día 7 de abril un encontro de asociacións e movementos laicales da Arquidiocese co arcebispo monseñor Julián Barrio. Os obxectivos desta reunión son compartir o carisma e a espiritualidade de cada asociación e movemento cos demais, para que haxa un maior coñecemento e relación fraterna entre todos eles, así como poñer en valor o laicado asociado e abordar un tema transversal que interesa a todos: A Nova Evangelización.
LEMA DA XORNADA: “DISCÍPULOS-MISIONEIROS EN COMUNIDADE”
LUGAR: Seminario Menor de Belvís (Santiago de Compostela)
HORARIO | |
9:45 | ACOLLIDA e recollida de materiais. |
10:00 | ORACIÓN. |
10:30 | RELATORIO a cargo de D. Javier García, Delegado de Infancia e Mocidade sobre o tema: “¿Que é a Nova Evangelización? Claves para que as asociacións e movementos laicales poidan evangelizar HOXE”. |
11:30 | DESCANSO. |
12:00 | REUNIÓN POR GRUPOS. Trátase de que as persoas do mesmo lugar ou movemento distribúanse nos diferentes grupos que se van a facer para poder compartir as súas experiencias con laicos doutros lugares e asociacións. |
13:00 | SESIÓN PLENARIA e CLAUSURA ás 14:25 h. |