O arcebispo reúnese mañá cos nenos da Diocese

Mañá, día 1 de maio, celebrarase a sétima edición do xa tradicional Encontro Diocesano de Nenos. Trátase dunha cita con centos de mozos e mozas entre terceiro e sexto de Primaria, acompañados dos seus catequistas, párrocos, profesores ou pais. Os participantes reúnense no Seminario de Belvís desde as 11:00 horas para celebrar unha xornada na que se desenvolverán diversos obradoiros e actividades. O arcebispo compostelán, monseñor Julián Barrio, reunirase con eles e presidirá a celebración eucarística que terá lugar ás 16:30 horas na Igrexa de San Francisco. Este VII Encontro Diocesano de Nenos ten como lema “Atrévete a ser Santo”.

Versión en castelán