O Cabildo da Catedral de Santiago incorpora dous cóengos honorarios

Esta tarde, a Sala Capitular da Catedral de Santiago, acolleu o acto de nomeamento como Cóengos Honorarios do Cabildo Catedralicio de Antolín de Cela e Jaume Alemany, ambos os sacerdotes vinculados coa acollida ao peregrino e a peregrinación xacobea. Estes dous sacerdotes pasan a formar parte do cabido de maneira honorífica polo seu incansable traballo e axuda á promoción da peregrinación á tumba do Apóstolo Santiago e a acollida ao peregrino que camiña ata a basílica xacobea.

Antolín de Cela é reitor do santuario da nosa Señora da Aciñeira, en Ponferrada, poboación destacada do Camiño Francés. É, ademais, delegado de peregrinacións na Diocese de Astorga. Pola súa banda, Jaume Alemany, é párroco da nosa Señora de Montserrat, en Palma de Mallorca, e responsable de Pastoral Penal na diocese de Mallorca. Ambos os sacerdotes pertencen a Acollida Cristiá nos Camiños de Santiago, organismo que traballa na mellora e potenciación na atención ao peregrino xacobeo, tanto ao longo dos camiños a Santiago como á súa chegada a Compostela.

O título de cóengo honorario é unha distinción á persoa, pola súa especial relevancia na promoción do culto ao Apóstolo Santiago e non leva ningún cargo específico, nin dereito a voto nas reunións capitulares.

Fonte: Catedral de Santiago

Versión en castelán