O Consello de Cáritas Diocesana reuniuse no campamento Arnela de Porto do Son

  • Segunda vez que o máximo organismo diocesano celebra sesión de traballo fóra da súa sede central.
  •  IRPF, Asemblea Diocesana, e empresa AHortas temas centrais do encontro.

No Consello de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela reunido nas instalacións do campamento de verán Arnela, de Porto do Son, presidido por Jesús García Vázquez, delegado episcopal, abordáronse entre outros temas relacionados cos aspectos económicos, a empresa AHortas, as xestións que se realizan relacionadas co IRPF 2020, o Informe FOESSA e a Asemblea Diocesana.

O encontro iniciouse cunha oración dirixida polo delegado episcopal na que lembrou que o compromiso “é a resposta, con creta, ás veces, silenciosa outras, imperiosa as máis. Porque non se pode quedar impasible ante o pranto dunha nena   con fame, a humillación dunha muller violada, a soidade dun ancián abandonado, a mirada perdida dun inmigrante recentemente chegado ás nosas costas nunha patera”. Considera que “non só é compartir economicamente con quen carece de todo. Tamén se pode acompañar a quen non atopa outro consolo, e ese encontro convértese en comuñón, compañía”.

Finalmente insiste en que “nós somos instrumentos do amor de Deus. Cada vez que gratuitamente envorcámonos a favor dos máis desfavorecidos, somos un fiel reflexo de bondade e misericordia entrañable de Deus que se serve de nós para desvelar o seu amor aos homes”.

Deuse conta das contratacións levadas a cabo con persoal técnicos da institución.

Datos económicos

No informe económico presentado por Mouriño Rañó déronse os datos relativos ao primeiro semestre do ano que rexistra un balance negativo, onde os gastos de persoal sitúanse no primeiro lugar dos gastos. No apartado dos ingresos contabilízase unha diminución nas achegas dos socios, que as administracións públicas van na liña prevista e que as privadas descenderon un 14 %

Para o director diocesano o futuro pasa polo control do gasto e que as perdas rexistradas “póidanse enxugar a finais do ano”. Tamén lembrou aos conselleiros que se estaban atendendo as peticións de axuda que chegan ata a Diocesana

Foron presentados os últimos convenios asinados relacionados co comedor e San Cibrán de Arousa, e Educo e o centro Abeiro de Santiago.

Empresa AHortas

O director falou das dificultades na empresa AHortas. Anunciou que se traballa cunha empresa externa para facer un estudo de viabilidade e de aproveitamento dos terreos. Tamén sinalo que comezaba a funcionar como empresa de inserción laboral polo que se podía acudir ás axudas que proceden das administracións. Menciono que se estaba á espera de como funcionaba o proxecto para tomar decisións no último trimestre do ano, relativas á venda on-line e a directa, así como o contacto directo con produtores ecoloxistas que non teñen saída directa o mercado das vendas.

IRPF 2020

En canto ao IRPF do ano 2020 o director mostrou a preocupación polo que poida ocorrer porque ao ter o deber da concorrencia competitiva rebáixase a contía para os programas existentes. Mencionou que se chegou a un acordo coas outras tres Cáritas Diocesanas de Galicia, Ourense, Tuy- Vigo e Mondoñedo- Ferrol, para o que levou a cabo unha análise por parte de equipos de técnicos da institución, e que se acordaron uns mínimos para cada diocesana.

Sobre o particular das achegas diocesanas dixo que a que maior dependencia das administracións tiña era a de Ourense, mentres que a de Santiago tan só era do 33 %.

Certificado de calidade

A institución, segundo Anuncio Mouriño, está obrigada a obter certificados de calidade polo que, despois de examinar algúns orzamentos decidiuse contratar á empresa AENOR por 2125 euros o primeiro ano e os seguintes por 1275 euros.

Foi ratificado o acordo da permanente para que Cáritas Interparroquial da Coruña poña á venda tres nichos, un baixo e unha praza de garaxe dun legado, acordándose que a contía económica pase a engrosar os fondos da institución na Coruña para liquidez desta cáritas dado os prazos de pago que está a manexar o Programa Operativo.

Falouse de que a permanente había condonado unha débeda de 6000 euros a Cáritas Milladoiro para o mantemento dunha aula de apoio escolar a menores, dando a súa conformidade o Consello.

Persoas solitarias

A directora de Cáritas Interparroquial da Coruña, Pilar Farjas Pilar presenta o proxecto de acompañamento coa creación de vivendas comunitarias que poidan ter unha serie de servizos comúns, pero tamén os seus espazos persoais, creándose a sinerxia propia da vida comunitaria e co acompañamento periódico de axentes de Cáritas. Menciono que a Construtora Benéfica Sacra Familia ofrece e rehabilitará un local situado no Burgo, para habilitar as primeiras vivendas deste tipo, e estase estudando o proxecto nas instalacións da reitoral da parroquia de San Vicente de Elviña.

Comentouse tamén que Cáritas Interparroquial de Santiago tiña un proxecto titulado Familia Aberta, que vén ser unha casa comunitaria de maiores que viven sós.

Informouse dos actos previstos para a Campaña de Persoas sen Hogar, cuxo día central será o 27 de outubro, e que incluirán un relatorio do presidente da Fundación Rais, a presentación dun libro e a tradicional visita do arcebispo ao centro Vieiro.

Asemblea

O director diocesano, José Anuncio Mouriño Raño, comezou a súa intervención lembrando que a Asemblea de Cáritas, que se celebra cada dous anos, será o día 23 de novembro e que había dúas lemas propostos: “Unha Igrexa en saída samaritana” e “Unha Igrexa en saída cara aos pobres”, e que o relator será o delegado episcopal de Cáritas Española , Vicente Martín Muñoz

Mencionou que Dositeo Valiñas cumprido 98 anos e 72 de párroco en Ribadumia, por iso é polo que se aprobase   un recoñecemento e agradecemento polos seus anos de servizo.

Presentou o estudo inicial do proxecto de situar unha nova sede diocesana en cálea Carretas, que se pretende poida inaugurarse con motivo do Ano Santo Xubilar

Destacou que o Centro de Inserción Social da Coruña entregou a Cáritas a medalla de bronce ao mérito social, por iso é polo que se aprobase un recoñecemento para Andrea Lago Martínez, responsable do centro, e os voluntarios que traballan nel. Informou que o centro penal de Teixeiro concedeu a súa medalla aos colexios de Ópticos e Odontólogos que colaboran con Cáritas para atender aos reclusos

Deu conta da presentación pública de Informe FOESSA 2018 sobre pobreza e exclusión en Galicia, e do libro que se publicou recollendo os datos do traballo de campo.

A xornada de formación para os axentes de Cáritas en Galicia terá lugar en Santiago o día15 de febreiro co lema: “Código de conduta e boas prácticas a desenvolver en Cáritas en relación coas persoas”. E que o encontro galego dos voluntarios terá lugar en Mondoñedo o día 6 de xuño.

Mencionou que a Xornada Mundial polo Traballo Decente terá lugar o día 7 de outubro e que se organizarán actos en Santiago e A Coruña.

Finalmente expuxo que o momento actual demanda realizar un Plan de Igualdade e que este o fará unha empresa externa.

Versión en castelán