O equipo de Pastoral Familiar avanza na preparación do encontro de setembro de matrimonios, fillos, avós…, familias

Este sábado deuse un paso máis na preparación da cita familiar diocesana para o próximo mes de setembro, o día 21, no Seminario Menor compostelán. A Igrexa diocesana, por iniciativa do bispo auxiliar, monseñor Jesús Fernández González, está a preparar este gran encontro. Este sábado volveu reunirse na Casa Diocesana de Exercicios o equipo de Pastoral Familiar que está a traballar para que este acto sexa un auténtico acontecemento, co que a Iglesia quere estar preto de todas as familias, tal e como son.

Do que se trata é de construír e consolidar na nosa Arquidiocese un ESPAZO para noivos, matrimonios e familias: estar e camiñar con eles, acompañalos; ser unha Igrexa máis familiar, alegre e cotiá. Dirixido a noivos, parellas recentemente casadas, así como pais e nais de familia, os seus fillos, e os avós, este encontro terá como obxectivo principal festexar con gozo e alegría esta chamada e vocación ao amor humano que se concreta nas familias cristiás.

Na reunión de traballo deste sábado estiveron presentes os responsables da Delegación de Pastoral Familiar, Felisa Mozo e Jesús Calzada, así como os matrimonios que representan no equipo ás tres vigairías territoriais: A Coruña, Santiago e Pontevedra, así como integrantes de Equipos da nosa Señora e de Comunidade Caná. O programa orientativo deste encontro, a falta de concretar definitivamente é:

ENCONTRO NO SEMINARIO MENOR:

21 DE SETEMBRO DE 2019

De 11:00  a 18:30. 

  • 11:00 Acollida
  • 11:30 Oración
  • 12:00 Motivación (Bispo D. Jesús)
  • 12:30 Descanso
  • 13:00 Grupos de compartir
  • 14:30 Comida (cada familia trae a súa)
  • 16:00 Festival
  • 17:30 Eucaristía (Arcebispo D. Julián)
Versión en castelán