O Instituto Superior de Ciencias Relixiosas (ISCCR) comeza un novo curso

O Instituto Superior de Ciencias Relixiosas (ISCCR) de Santiago de Compostela comeza un novo curso cunha ampla oferta formativa dirixida,  fundamentalmente, ao laicado, aos futuros profesores de relixión, aos relixiosos non sacerdotes, relixiosas, candidatos ao diaconado permanente e candidatos aos ministerios laicales de lector e acólito, así como catequistas e demais axentes de pastoral, chamados a desempeñar diversos oficios e responsabilidades na misión evanxelizadora da Igrexa.

O ISCCR  é un centro académico da Arquidiocese de Santiago, que xorde como resposta ás actuais necesidades da Nova Evangelización. A súa finalidade específica é proporcionar unha formación teolóxica e pedagóxico-metodolóxica, de rango universitario, con validez eclesiástica e homologación civil. Co fin de facilitar a accesibilidade a estes estudos, o ISCCR faise presente a través das súas sedes en Santiago e na aula da Coruña, e tamén na Diocese de Ourense.

Aínda que as clases comezan esta semana, a matriculación pode formalizarse na Secretaría deste centro durante estes días.

Toda esta información, así como outra que se poida precisar, está dispoñible na páxina web do Instituto (www.itcdesantiago.org). Para máis información, recorrer á mesma secretaría (Edificio de San Martín Pinario,  Praza da Inmaculada n. 5), ou chamar ao tlf. 981.58.62.77 (de martes a xoves en horario de tarde: de 18:00 a 21:00h); ou a través da conta de correo secretariocr@itcdesantiago.org.

Versión en castelán