O ITC celebrará as súas XX Xornadas de Teoloxía baixo o lema “Bautizados e enviados” para profundar no Mes Misioneiro Extraordinario convocado polo papa Francisco

O Instituto Teolóxico Compostelán (ITC) celebrará as súas XX Xornadas de Teoloxía os próximos días 4, 5 e 6 de setembro. Nesta ocasión, o tema deste tradicional encontro de traballo e reflexión é “Bautizados e enviados”, ao fío da celebración en outubro do Mes Misioneiro Extraordinario convocado polo papa Francisco. “Renovarse require conversión, require vivir a misión como oportunidade permanente de anunciar a Cristo, de facelo atopar testemuñando e facendo aos outros partícipes do noso encontro persoal con El. O mes extraordinario de oración e re­flexión sobre a misión como primeira evanxelización servirá a esta renovación da fe eclesial, para que o seu corazón estea e obre sempre a Pascua de Xesucristo, único Salvador, Señor e Esposo da súau Igrexa”, dixo o papa Francisco, no seu discurso aos participantes na Asemblea das Obras Misionais Pontificias, tal e como se recolle no folleto co que o ITC convida a participar nas xornadas teolóxicas de setembro.

A inauguración e clausúraa das xornadas correrá a cargo do arcebispo compostelán, monseñor Julián Barrio. Estará tamén presente  Giovanni Pietro Dal Toso, que é presidente  de Obras Misionais Pontificias (OMP) Internacional, así como do arcebispo emérito de Tánxer, monseñor Santiago Agrelo. O programa completo de conferenciantes e temas a desenvolver figura no programa anexo.

Versión en castelán