O bispo auxiliar de Santiago á comisión de catequese da EDAP: “estades chamados a achegar moito”

O bispo auxiliar de Santiago, mons. Jesús Fernández, reuniuse na mañá do sábado cos animadores da comisión de catequese da EDAP. Na súa mensaxe aos asistentes, mons. Fernández encomiou o traballo formativo que están a desenvolver as escolas de catequistas. Neste sentido, asegurou que “na nosa Arquidiocese compostelá houbo, ao longo destes anos pasados, moitas experiencias de formación dos laicos nos seus diversos servizos: a Escola de axentes de pastoral de Carballo, as Aulas de teoloxía de Coruña e Riveira. Vimos dunha rica tradición. Pero ningunha como a experiencia da rede de escolas de catequistas, estendidas por moitos lugares da Diocese. Todas estas realidades axudaron a re-descubrir a vocación bautismal de ser ‘discípulos misioneiros’”.

O bispo terminou a súa intervención animando aos presentes para “traballar pola nova Igrexa que soñamos: máis sinodal, máis en camiño, máis corresponsable e con diversos ministerios laicales. E vós,estades chamados a achegar moito”.

Os obxectivos do encontro deste sábado foron, primeiramente, afianzar a coordinación entre as diferentes escolas; formar aos animadores na metodoloxía que se vai a empregar e familiarizarse cos materiais que se empregarán; así como fomentar a comuñón e a consolidación do grupo de animadores para ser capaces de animar aos catequistas.

Os coordinadores da EDAP, juntamente coa Delegación de Catequese, desenvolverán a especialidade de catequese nas 10 escolas que solicitaron este itinerario formativo.

Versión en castelán