O bispo auxiliar, no encontro de animadores da EDAP para a catequese

Este próximo sábado día 27, reunirase o equipo que coordina a animación das Escolas de Axentes de Pastoral que solicitaron recibir a formación específica de catequese. En total son dez as escolas que pediron seguir o itinerario de catequese este curso. Serán atendidas por unha vintena de coordinadores especializados na formación deste ministerio do catequista. O Bispo auxiliar, mons. Jesús Fernández, asistirá ao encontro, que se celebrará a partir das dez e media da mañá en San Martín Pinario.

No encontro presentaranse os materiais formativos xa existentes e outros novos e innovadores elaborados pola Delegación de catequese compostelá. O obxectivo é capacitar o mellor posible aos participantes da EDAP a ser catequistas para a nova evangelización.

A Delegación de catequese márcase como obxectivos para este encontro, afianzar a coordinación entre as diferentes escolas; formar aos animadores na metodoloxía que se vai a empregar e familiarizarse cos materiais que se empregarán; así como fomentar a comuñón e a consolidación do grupo de animadores para ser capaces de animar aos catequistas.

O día comezará cunha oración, seguida dunha sesión demostrativa do desenvolvemento dun encontro. Haberá unha posta en común e formación metodolóxica, abordaranse aspectos organizativos e proporcionarase información que se considera útil para o desenvolvemento do ministerio de catequista.

Versión en castelán