O bispo auxiliar, monseñor Jesús Fernández, elixido Presidente das Subcomisión episcopal de Acción Caritativa e Social

O bispo auxiliar de Santiago de Compostela, Monseñor Jesús Fernández González, foi elixido Presidente das Subcomisión episcopal de Acción Caritativa e Social. O bispo Fernández González naceu en Selga de Ordás (León) o 15 de setembro de 1955. Cursou estudos no Seminario menor e maior de León. Foi ordenado sacerdote o 29 de xuño de 1980. Posteriormente obtivo a Licenciatura en Filosofía pola Universidade Pontificia de Salamanca (1990-1992). Entre os anos 2000 e 2001 realizou os cursos de Doutoramento en Filosofía.

O seu ministerio sacerdotal desenvolveuno na diocese de León. O seu primeiro destino, de 1980 a 1982, foi como ecónomo de Senra e Lazado. Desde 1984 ata 1986 foi membro do equipo sacerdotal da Parroquia de Villaquilambre, un labor pastoral que compaxinou coa dirección do xornal diocesano “Iglesia en Léon”, entre 1985 e 1987, cando foi nomeado Reitor do Seminario Menor, cargo que despeñó ata 1990. Tas cursar estudos en Salamanca, regresou, en 1992, ao Seminario Menor como Formador e Profesor, ata o ano 1997, no que pasou a ser Formador do Seminario Maior “San Froilán”, Párroco de Cadros e Administrador parroquial de Valsemana, ata o ano 2003. Desde entón e ata 2010 foi o Vigairo Episcopal de Pastoral e do Clero.

Ata o seu nomeamento como bispo, foi Vigairo Xeral e Moderador da Curia da diocese de León, desde 2010; Profesor ordinario do Centro Superior de Estudos Teolóxicos; Profesor do Instituto Superior de Ciencias Relixiosas “San Froilán”; colaborador no Secretariado para as Vocacións; membro do Consello Presbiteral, e membro do Colexio de Consultores. Ademais, é Consultor da Comisión Episcopal de Pastoral da Conferencia Episcopal Española.

O 10 de decembro de 2013 foi nomeado polo Papa Francisco bispo auxiliar de Santiago de Compostela e recibiu a consagración o sábado 8 de febreiro de 2014.

Fonte: Cope

Versión en castelán