O bispo auxiliar preside en Coruña unha avaliación da EDAP

O Fogar de Santa Margarita acolleu este luns unha reunión de traballo dos responsables dos distintos centros da EDAP pertencentes á Vigaira da Coruña. Son en total cinco centros: tres na cidade da Coruña, outras dúas en Pontedeume e Carballo. Uníronse á Vigairía da Coruña os responsables da escola de Cee, pertencente á Vigairía de Santiago. Pola súa banda, a escola de Betanzos non continúa este ano, aínda que os seus asistentes distribuíronse nas distintas escolas segundo a especialidade que decidiron escoller.

Os itinerario “Discípulos-Misioneiros”, é a primeira oferta formativa que desde o ano pasado vén ofrecendo a Escola Diocesana de Axentes de Pastoral (EDAP). A escola xurdía como petición do Sínodo Diocesano. Na reunión de hoxe convocáronse aos responsables da EDAP, que son as tres figuras formativas que prevé o itinerario e que posúen roles complementarios: coordinadores, predicadores, e animadores.

Durante a reunión, fíxose unha valoración da primeira etapa do curso, e abordáronse cuestións importantes relativas á organización da segunda parte do curso. Comezouse cunha pequena valoración do proseguimiento das distintas escolas. Os participantes compartiron o avance da escola. Destacouse o interese dos participantes, que creou calor humana, interese e participación.

Versión en castelán