O bispo auxiliar preside a eucaristía de inicio do XXXIII Encontro de Pastoral Universitaria

O bispo auxiliar de Santiago, mons. Jesús Fernández, presidiu este mércores na capela do Seminario Maior compostelán a eucaristía coa que comezou o XXXIII Encontro de Pastoral Universitaria. Un foro no que se dan cita máis de 70 delegados diocesanos e responsables provenientes de toda España e Portugal.

Na súa homilía o bispo auxiliar reflexionou sobre a lectura do Evanxeo: a pasaxe dos dez leprosos recolleito en san Lucas. Unha perícopa, afirmou mons. Fernández, na que se nos presenta a Jesús como peregrino e misioneiro. Tamén como Aquel que realiza “a sanación integral, xa que sa física, social e espiritualmente aos leprosos”. Con todo, só un recoñeceu o don de Deus e volveu para agradecelo. Por iso ao que volve Jesús perdóalle tamén os pecados. É o que obtén unha salvación integral. A teor desta reflexión, mons. Fernández preguntábase se sabemos nós recoñecer na nosa vida a misericordia e o perdón de Deus.

Os asistentes ao Encontro de Pastoral Universitaria buscarán respostas ao reto de como descubrir e desenvolver a vocación persoal na universidade. O encontro clausurarase o venres día 16.

Versión en castelán