O bispo auxiliar, monseñor Jesús Fernández González, presidiu este venres, festa de san Xoaquín e santa Ana, as celebracións en honra dos avós organizadas no centro de atención aos maiores que as Hermanitas teñen na Coruña. Moitos sacerdotes da Vigairía da cidade herculina acompañaron a D. Jesús nesta homenaxe aos avós, que teñen como patróns a san Xoaquín e santa Ana, pais da Virxe María.
Actuación da tuna, entrega de recoñecementos aos avós por parte de monseñor Fernández González, e unha comida de festa en espírito de confraternización, foron algúns dos momentos destacados da xornada, desenvolta nun ambiente plenamente cordial por parte das relixiosas, os sacerdotes, os avós e os seus familiares.
Versión en castelán