O bispo auxiliar presidiu a Eucaristía de Todos os Santos

O bispo auxiliar, monseñor Jesús Fernández González, presidiu este venres día 1 de novembro, a Eucaristía da Solemnidade de Todos os Santos na Igrexa de San Francisco. O templo atopábase ateigado  de peregrinos.

Na súa homilía, monseñor Fernández lembrou que o calendario liturxico honra día a día os santos, pero dixo que a Igrexa dedica esta festa para honrar aos «santos anónimos» que viviron exemplarmente a súa vida cristiá. Este é, apuntou o bispo auxiliar, o sentido desta xornada: «festexar a santidade», unha realidade da que o protagonista é Deus e os santos, os seus instrumentos que El elixiu para proclamar a súa gloria.

Así, explicou monseñor Fernández, «honrar os santos é honrar a Deus», quen nos dá pistas a través das Benaventuranzas para que cada un, conforme ás súas capacidades, practique o Sermón da Montaña.

«A santidade é tarefa de todos», indicou o bispo auxiliar, quen asegurou que non se trata de ser perfectos (só Deus é perfecto), senón de facer as cousas ordinarias de modo extraordinario e camiñar contra corrente aos criterios do mundo.

Versión en castelán