O bispo auxiliar lembra a sacerdotes e diáconos o inicio da Formación Permanente por Vigairías e a celebración do Domingo da Palabra de Deus

O bispo auxiliar, monseñor Jesús Fernández González, lembra a todos os sacerdotes e diáconos da Arquidiocese de Santiago da posta en marcha, a inicios deste ano, de dous “acontecementos importantes e xa próximos: o comezo da Formación Permanente por Vigairías (20 de xaneiro na Coruña) e a celebración do Domingo da Palabra de Deus o próximo día 26 deste mesmo mes”.

O bispo auxiliar indica que neste primeiro trimestre ofreceranse tres temas nas tres Vigairías. As sesións comezarán ás once da mañá e concluirán co xantar.

  1. Cáritas (correrá a cargo de Cáritas diocesana):

20 de xaneiro: A Coruña; 27 de xaneiro: Santiago;

4 de febreiro: Pontevedra.

  1. Xestión económica parroquial (correrá a cargo da Administración diocesana):

10 de febreiro: A Coruña;

17 de febreiro: Santiago;

24 de febreiro: Pontevedra.

  1. Conservación do patrimonio histórico-artístico (correrá a cargo de D. Germán Hermida Noval):

2 de marzo: A Coruña;

9 de marzo: Santiago;

16 de marzo: Pontevedra.

Polo que respecta á celebración do Domingo da Palabra de Deus, instituído polo papa Francisco o pasado 30 de setembro co propósito de promover a celebración, a reflexión e a divulgación da Palabra de Deus, monseñor Fernández convida a todos “a ler o Motuproprio Aperuit illis” a través do que o papa Francisco instituíu este día e a realizar algunha iniciativa concreta para implementar a mensaxe. O Santo Padre suxire a entronización do texto sacro na celebración eucarística, que se destaque a súa proclamación e que se adapte a homilía. Pola súa banda, a Comisión episcopal de pastoral da CEE comparte connosco –entre outros materiais- un guion para a celebración eucarística.

Pido ao Señor que a súa Palabra sexa realmente lámpada para os nosos pasos, forza para o camiño, alimento de esperanza e amor para nosa Igrexa e o noso mundo”.

 

Versión en castelán