O Secretario Xeral da Conferencia Episcopal Española abrirá as Xornadas para o Clero en Poio

Mons. Luís Argüello García, Bispo auxiliar de Valladolid e Secretario Xeral da Conferencia Episcopal Española abrirá este martes a XXVIIª Semana de Formación Permanente do Clero de Galicia. Pronunciará dúas conferencias sobre  o tema  “Mocidade e Fe”: A primeira, ás 12:00 da mañá; a segunda, ás 16:30.

Mons. Argüello será o relator principal deste encontro que reúne a sacerdotes de todas as Dioceses de Galicia.  Este ano as Xornadas desenvolveranse do 10 ao 12 de setembro e terán como lema “Mocidade: Comuñón e Comunicación. Retos para unha tarefa evanxelizadora”.

Xunto ao Secretario Xeral da C.E.E., intervirán como relatores: D. Carlos López Segovia, Vicesecretario da C.E.E.,  D. José Gabriel Beira Beorlegui, Director do Secretariado de Medios de Comunicación Social da C.E.E., e Mons. Jesús Fernández González, Bispo auxiliar de Santiago.

Ademais das conferencias, haberá talleres, unha mesa redonda e outras actividades.

Este é o programa definitivo:

Martes, 10 de setembro:

11:00 – Acollida. Inscrición e recollida de materiais.

11:30 – Oración inicial e presentación. Presiden Bispos das Dioceses galegas.

12:00 – 1ª Relatorio: “Mocidade e Fe” (I)Mons. Luís Argüello García,

Bispo auxiliar de Valladolid e Secretario Xeral da C.E.E.

13:00  – Diálogo co relator.

14:00 – Comida. Descanso.

16:30 – 2ª Relatorio: “Mocidade e Fe” (II).  Mons. Luís Argüello García,

Bispo auxiliar de Valladolid e Secretario Xeral da C.E.E.

18:00 – Descanso.

18:30 – 3ª  Relatorio“Retos para o ministerio sacerdotal”. Relator: D. Carlos López Segovia, Vicesecretario da C.E.E. para Asuntos Xerais.

20:30 –  Vésperas – Eucaristía.

21:30 – Cea.

22:30 – Cinema – Forum.

Mércores, 11 de setembro:

8:30 – Laudes – Eucaristía.

9:30 – Almorzo.

10:30 – 4ª  Relatorio:  “A Comunicación na Iglesia (ad intra e adextra )”. Relator: D. José Gabriel Vega Beorlegui, Director do Secretariado de Medios de Comunicación Social da C.E.E.

12:00 – Descanso.

12:30 – Talleres: “Novas Tecnoloxías e misión evanxelizadora” (D. José Carlos Alonso e  D. Manuel Blanco) / “A pastoral vocacional, hoxe” (Delegacións de pastoral vocacional de Galicia). / “Cáritas e voluntariado xuvenil” (Delegacións de Cáritas de Galicia).14:00 – Comida

15:30 – Excursión-Convivencia: Escola Naval de Marín  e Cabo do Home.

21:30 – Cea.

Xoves, 12 de setembro:

8:30 – Laudes – Eucaristía.

9:30 – Almorzo.

10:30 – 5ª  Relatorio“A Formación Permanente do Clero: un reto cara ao futuro”. Relator: Mons. Jesús Fernández González, Bispo auxiliar de Santiago.

11:30 – Diálogo co relator.

12:00 – Descanso.

12:30 – Mesa redonda: “Camiños a seguir a partir da Exhortación apostólica Christus vivit” (Delegacións de pastoral Xuvenil).

13:30 – Clausura.

14:00 – Comida.

Versión en castelán