O Seminario Menor, ao Catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia

  • A Xunta resalta que o edificio é unha referencia notable na imaxe do casco monumental

A Consellería de Cultura publica no Diario Oficial de Galicia a resolución da Dirección *Xeral de Patrimonio Cultural pola que se inclúe no Catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia o Seminario Menor da Asunción de Santiago.

Na súa resolución, o organismo da Xunta explica que o Seminario Menor de Belvís é unha referencia notable na imaxe da cidade histórica, tanto pola súa posición e o seu rotundo volume e formas, como nos aspectos relacionados coa propia historia recente da cidade, pola súa variedade de usos docentes, relixioso, asistenciais e residenciais, e polo potencial para colaborar na diversidade funcional do seu ámbito. «O inmoble axuda á creación da imaxe da cidade, caracteriza a súa visión afastada e de conxunto e contribúe á creación dunha imaxe conceptual baseada nas funcións docentes e relixiosas, que son a expresión da cidade histórica», engade a resolución autonómica.

O Seminario Menor é un exemplo «notable» e testemuño representativo da arquitectura da época da autarquía en Santiago, tanto polos aspectos de deseño e construtivo como polos funcionais.

O edificio do Seminario Menor foi construído entre os anos 1952 e 1957, baixo ao dirección do arquitecto José María de la Vega. Foi promovido polo Arcebispado de Santiago cando este estaba encabezado polo cardeal Quiroga Palacios. Os usos actuais do edificio son docentes, relixiosos, residencial comunitario, asistencial, sociocultural e de albergue.

Fonte: La Voz de Galicia

Versión en castelán