Encontro de Sacerdotes, relixiosos e relixiosas 2019

O Arcebispo de Santiago de Compostela, Don Julian Barrio Varreu volveu a convocar o encontro de sacerdotes, relixiosos e relixiosas do Camiño de Santiago que se celebrará na capital galega os próximos días 17 e 18 de Xuño. Na carta que o prelado enviou ás parroquias, conventos e casas relixiosas dos camiños francés, inglés, do norte, primitivo, portugués e vía da Prata, manifesta a necesidade deste encontro nas portas do Ano Santo 2021.

Xunto coas habituais intervencións do Deán da Catedral de Santiago e do Arcebispo, nesta ocasión foi convidado o sacerdote rioxano Don Jesús Merino Morga, cóengo da Catedral de Santo Domingo da Calzada. Merino falará sobre como acoller na Parroquia, poñendo como exemplo o labor que desempeñan na Sé calceatense na que precisamente este ano celebran o xubileu polo milenario do nacemento do santo.

Na segundo xornada  exporase unha mesa redonda na que o Irmán Federico Albini (OFMCap) de León, Sor Aurora (F.d.C.)  de Carrión de los Condes, a Irmá Pilinchi Romero (R.S.C.J.) de Santiago de Compostela e  o Pai Daniel Fernández (S.M.) de Sahagún expoñerán nun panel as súas experiencias de acollida aos peregrinos dentro das súas comunidades.

Os sacerdotes, relixiosos e relixiosas que desexen anotarse para este encontro deben poñerse en contacto coa Fundación Acollida Cristiá no seguinte teléfono 881 975 928 antes do 10 de Xuño.

 

Fonte: acogidacristianaenloscaminosdesantiago.org

Versión en castelán