Encontro entre o Arcebispo de Santiago e o Club Financeiro de Santiago

Esta mañá, no Arcebispado de Santiago, o Arcebispo, D. Julián Barrio, mantivo un encontro con representantes do Club Financeiro de Santiago. Durante o encontro procedeuse a asinar un convenio de colaboración entre esta entidade e a Fundación Catedral de Santiago, polo cal se establecen lazos de cooperación entre ambas as institucións en relación á conservación do patrimonio histórico da basílica xacobea.

Versión en castelán