Encontro para analizar a marcha do curso pastoral presidido polo bispo auxiliar, monseñor Jesús Fernández

Co rezo da Hora Intermedia iniciouse este xoves, na Casa Diocesana de Exercicios, a reunión de vigairos, delegados e directores de secretariados da Arquidiocese presidida polo bispo auxiliar, monseñor Jesús Fernández González. Nela, e tras unha introdución do bispo auxiliar, os participantes reuníronse por áreas de traballo para analizar os tres eixos deste encontro: avaliación provisional da marcha do curso a partir dos propios obxectivos de cada departamento, así como a colaboración no plan pastoral diocesano; os proxectos de futuro inmediato de cada Delegación e as tarefas para levar a cabo no próximo Ano Santo de 2021; e propostas para levar a cabo a asemblea diocesana pastoral de final de curso, que se celebrará o próximo 6 de xuño.

Monseñor Jesús Fernández González aludiu á importancia de traballar e fortalecer as tarefas en comunidade, lembrou a importancia do próximo Sínodo da Mocidade que comezará este mesmo mes de febreiro (29 de febreiro), para o que xa hai rexistrados 103 mozos e mozas, e convidou a todos a ter un compromiso activo para a celebración do Ano Santo Xacobeo.

O encontro finalizou cun xantar no comedor da Casa Diocesana de Exercicios.

Versión en castelán