Escola Diocesana de Axentes de Pastoral (EDAP): primeira gran iniciativa de renovación tras o Sínodo Diocesano

Por toda a xeografía da Diocese de Santiago de Compostela, comezaron  as sesións da EDAP nas diferentes sedes. Cada unha delas é representativa da porción de Igrexa que alí se atopa.

Arzúa, Caldas de Reis, A Coruña, Noia, Padrón, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa… Son algúns dos moitos centros nos que se están reunindo os axentes de pastoral para camiñar xuntos este itinerario. Máis ou menos numerosas, con diferentes niveis de formación na fe. Iso supón un enriquecemento mutuo, para predicadores, animadores e inscritos.

Son voluntarios de Cáritas, encargados da Liturxia nas parroquias, novas, pastoral da saúde, penal, profesores… e, tamén, moitos son os catequistas que quixeron participar nesta experiencia de formación.

As sesións están organizadas ao longo dunha hora e media: primeiro a predicación kerigmática e logo a formación e laboratorio cos animadores.

A sede de Xesús, de camiñar xuntos que xa se expresou nos grupos de reflexión previos á celebración do *Sínodo, está a demostrarse na afluencia de participación neste primeiro curso da Escola Diocesana de Pastoral.

Como se sabe, este Itinerario de Discípulos Misioneiros consiste nun plan de formación, cunha duración de dous cursos con doce sesións formativas dunha hora e media, dous encontros diocesanos e dous retiros (en Advento e Coresma).

Este itinerario de formación ten como obxectivo prioritario, o axudar a espertar o Bautismo recibido como cristiáns, e fortalecer o compromiso misioneiro dos axentes de pastoral das diferentes comunidades. Para iso, no primeiro curso, propuxéronse unha serie de catequese kerigmáticas, que van incidir en aspectos fundamentais da fe; e, ademais, os temas específicos de formación, de carácter introdutorio, relacionados coas catro mediacións da Igrexa: o anuncio, a celebración, o testemuño e o servizo.

No segundo curso, ofreceranse diferentes itinerarios relacionados cos distintos ministerios que se poidan desenvolver nas comunidades: un deles será o itinerario de catequista e formador da fe.

Versión en castelán