Este fin de semana, Pascua Xoven na parroquia da Xunqueira

Este fin de semana, o comprendido entre o 13 e o 15 de abril, celebrarase na parroquia da Xunqueira a Pascua Xoven. Un proxecto que leva madurando todo o ano para celebrar e compartir todos xuntos a Pascua.

Nesta ocasión, sinalan desde a organización, “estaremos rodeados pola música, que estará máis presente que nunca en Pascua Xoven”.

“Os grupos que queirades vir por primeira vez, o sábado á tarde será aberto, podedes poñervos en contacto con D. Manuel Couceiro Cachaldora ou visitar a web www.axunqueira.com”, indican.

Desde fai máis de corenta anos, dous fins de semana despois da Semana Santa, centos de mozos e mozas reúnense no colexio filipense “Sacra Familia” de Vilagarcía para participar na Pascua Xoven de Arousa.

Versión en castelán