Este sábado a Casa de Exercicios de Santiago acolle o Encontro Diocesano de Laicos

Mañá sábado día 23 de novembro terá lugar na Casa Diocesana de Exercicios, a partir das 10:00 horas, o Encontro Diocesano de Laicos, unha cita na que se presentará unha síntese das postas en común dos grupos da diocese, e haberá espazo para mostrar experiencias diocesanas concretas no ámbito dos 4 itinerarios que se desenvolverán no Congreso de 2020: primeiro anuncio, acompañamento, procesos formativos e presenza na vida pública. No encontro estará presente o arcebispo, monseñor Julián Barrio. Esta cita forma parte do itinerario de preparación do Congreso de Laicos que terá lugar en Madrid o próximo ano 2020.

Versión en castelán