Este sábado, os mozos van de Xubileu

Probablemente o título deste anuncio sexa o que menos che diga de todos os que puxemos sobre o xubileu diocesano dos mozos.

Pero é importante que saibas de que vai isto das Grazas Xubilares e por que o Papa, sacerdotes e bispos queren que as teñas…..

Seguindo as palabras do profeta Isaías, a Igrexa proclama o XUBILEU como verdadeiro «ano de graza», ano de perdón dos pecados e das penas polos pecados, ano de reconciliación entre os adversarios, ano de múltiples conversións, de penitencia sacramental e extrasacramental.

O XUBILEU, chámase comunmente, ANO SANTO, non soamente porque comeza, se desenvolve e constrúe con ritos sacros, senón tamén, porque está destinado a promover a santidade de vida.

Celebrar o XUBILEU implica tres accións necesarias:

  • un exame de conciencia profundo sobre a propia vida do bautizado e da comunidade celebrante.
  • un arrepentimento sincero e un propósito firme de cambiar de mentalidade (conversión).
  • camiñar cara ao amor misericordioso do Pai.

Outra graza particular do ANO SANTO, é o don da «indulxencia plenaria», a remisión ante Deus da pena temporal merecidas polos pecados, xa perdoados, respecto da culpa. O Xubileu é un ano de graza que ten como fin, a renovación interior.

Como ben sabes, o próximo 20 de novembro terá lugar o peche da Porta Santa. E despois de celebrar o Xubileu das familias, dos nenos, dos catequistas, … faltaba celebrar o Xubileu dos Mozos

Que día será?
O sábado, 5 de novembro

Quen pode participar?
Mozos a partir de 14 anos cumpridos, acompañados polos seus párrocos, catequistas ou animadores.

A que hora comezamos?
Ás 11.30 no colexio La Salle.

Que teremos pola mañá?
Comezaremos cunha gran acollida e a continuación dividirémonos en 7 grupos, para traballar as obras de Misericordia corporais en senllos obradoiros.

Hai que levar comida?
Si, cada un leva a súa comida e tamén a merenda cea.

E despois de xantar?
Á tarde teremos actuacións diversas: con música, testemuños, entrevistas, bailes,… A continuación, merenda e logo trasladarémonos en dous grupos a celebrar a Festa do Perdón ás igrexas de S. Martiño Pinario e a das Carmelitas Descalzas.

E cando gañamos o Xubileu?
Ás 20.30 horas, reunirémonos na Praza da Quintana e, tras pasar pola Porta Santa, celebraremos a Eucaristía na catedral, ás 21.00, presidida polo noso Arcebispo.

A quen aviso se participamos?
Poñéndovos en contacto co Delegado de Pastoral Xuvenil, Javier García, ao teléfono 676 827 859 ou escribindo un correo electrónico a javi.cura@hotmail.com

 

Máis información:

Fonte: www.depasxuventude.com

Versión en castelán