Evanxelizar no cárcere

Este sábado comeza na Casa de Exercicios de Santiago a VI Xornada Interdiocesana de Pastoral Penal baixo o título “A Igrexa que evanxeliza non cárcere, signo de esperanza”. A xornada vai dirixida aos voluntarios da Pastoral, sacerdotes, axentes e voluntarios de Cáritas ou doutras organizacións de promoción da Igrexa, aos funcionarios e profesionais que están en relación co mundo penal e a todo cristián en xeral con sensibilidade polos temas do cárcere e a exclusión social.

A pastoral penal evangeliza nos cárceres ofrecendo atención relixiosa e sacramental aos internos, unha promoción social nunha realidade dura e de grandes carencias humanas e un asesoramento xurídico. Esta acción continúase cando o preso saíu da institución. Neste sentido aténdese á prevención e ao acompañamento na saída para favorecer unha verdadeira inserción social. A pastoral penal tamén presta a súa proximidade aos funcionarios de prisións.

Este ano os dous relatorios da xornada serán impartidas por Florencio Roselló, director do Departamento de Pastoral Penal da Conferencia Episcopal Española.

Versión en castelán