“Experiencia profesional dun xornalista católico”, conferencia a cargo de Rafael Ortega este próximo martes

  • O acto terá lugar no Instituto Teolóxico Compostelán a partir das 20:00 horas, organizado pola Delegación de Medios de Comunicación

O vindeiro martes día 8 de maio, a partir das 20:00 horas, terá lugar unha conferencia do xornalista Rafael Ortega sobre “Experiencia profesional dun xornalista católico”, dentro dos actos programados pola Delegación Diocesana de Medios de Comunicación Social para celebrar a Xornada Mundial das Comunicacións Sociais. Nesta ocasión, a xornada, que a Igrexa fai coincidir coa festividade da Ascensión, leva por lema “A verdade faravos libres (Jn 8, 32). Fake news e xornalismo de paz”. A conferencia de Rafael Ortega terá lugar na aula Magna do Instituto Teolóxico Compostelán (ITC).

Rafael Ortega é Presidente da Unión Católica de Informadores e Xornalistas de España(UCIP-E), Catedrático Extraordinario de Medios de Comunicación Social da Universidade Católica San Antonio de Murcia, Doutor en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid E Director do Congreso e das Xornadas Católicos e Vida Pública que organiza a Asociación Católica de Propagandistas e a Fundación Universitaria San Pablo CEU.

Foi redactor da Oficina de Información Diplomática e en RTVE: Director de Diarios Falados, Director de Programas Especiais; Correspondente en Roma e no Vaticano; Director e Presentador do Telexornal das 21.OO horas; Subdirector e Director de Radio Exterior de España; Director dos Servizos Informativos; Director de RNE en Castela-A Mancha; Director de Emisoras Territoriais ;Director do Programa Relixioso FRONTEIRA e Director dos Servizos Informativos da Cadea COPE. 1991-93.

É Patrón da Fundación COPE e do Colexio Maior San Pablo .

É socio activo da Asociación Católica de Propagandistas.

Está en posesión de varias condecoracións nacionais e estranxeiras, entre elas a Cruz de Caballero de San Gregorio Magno concedida por San Xoán Paulo II.

Premio Ondas en 1981 e 1985, Antena de Ouro de Radio e Televisión en 1996 e Premio Mans Unidas en 2006  de Radio en 2006.

Autor de varios libros entre eles, “Crónicas Misioneiras. A tumba do Bispo” e “Conclave. As horas decisivas”.

Versión en castelán