Felicidades, D. Jesús

A arquidiocese compostelá celebra este venres o quinto aniversario da ordenación de mon. Jesús Fernández como bispo auxiliar da nosa arquidiocese. Foi ordenado o domingo 8 de febreiro de 2014 nunha Eucaristía celebrada na Catedral de Santiago e presidida polo arcebispo compostelán, monseñor Julián Barrio.
Escolleu como lema do seu ministerio “Evangelizare pauperibus” (evangelizar aos pobres). É tamén Vicario Xeneral de Pastoral para toda a arquidiocese e responsable e dinamizador entusiasta da Escola de Axentes de Pastoral. Felicidades, D. Jesús.

Versión en castelán