Finaliza a presentación por Vigairías do Programa Pastoral Diocesano

Este luns día 23 finalizou en Pontevedra a serie de presentacións que se fixo por Vigairías do Programa Pastoral Diocesano para 2019/20. Con anterioridade, o bispo auxiliar, monseñor Jesús Fernández González, presentara o programa na Coruña e en Santiago de Compostela. “Para o próximo curso propoñémonos como obxectivo xeral a rexeneración das comunidades,  especialmente a través do exercicio da sinodalidad e da corresponsabilidade na acción caritativa e social”. Así o indicaba nunha carta remitida aos sacerdotes e diáconos o bispo auxiliar, quen nun encontro hai semanas con vigairos e delegados diocesanos lembráballes a Carta Pastoral escrita polo arcebispo, monseñor Julián Barrio, como prólogo ao novo curso pastoral, na que alude á importancia do papel corresponsable dos laicos na vida das parroquias e na acción caritativa e social, o eixo sobre o que virará este curso pastoral. Nese texto, glosou o bispo auxiliar, o arcebispo compostelán indica que os laicos están chamados a dar un forte impulso á evangelización.

Na Carta Pastoral, o arcebispo monseñor Julián Barrio asegura que “no itinerario formativo hase de buscar o obxectivo de construír “comunidades eclesiais maduras; comunidades de fe confesada na adhesión á Palabra de Deus, celebrada nos sacramentos e vivida na caridade como alma da existencia moral cristiá. Por outra banda, non pode esquecerse que o laico cristián ha de crecer interiormente no itinerario progresivo de santidade. Isto esixe unha formación íntegra, sistemática, integradora; unha formación liberadora na que entra de cheo a espiritualidade, o coidado da fe persoal e da oración contemplativa e comunitaria que ha de ter un lugar preeminente. Unha formación para a misión: evangelizar na rúa cunha vida coherente, no diálogo, na escola, co servizo, coa verdade, con experiencia de Deus”.

Don Julián afirmaba, ademais, que “hai que pasar do laico consumidor de actividades eclesiásticas a un laicado cooperador na misión evanxelizadora da Igrexa en toda a súa plenitude, evitando o perigo do clericalismo que leva a funcionalizar o laicado e a diluír a graza bautismal. Isto esíxenos preguntarnos que lugar ocupa o apostolado seglar na nosa igrexa diocesana, como levar adiante e impulsar a acción dos laicos naquelas experiencias fundamentais como son a familia, a educación, o mundo do traballo, a presenza na vida pública. É a hora do discernimiento preguntándonos que nos pide o Señor, que camiños seguir para facerlle presente no medio do mundo. Neste sentido habemos de poñer o acento nos mozos seguindo o camiño do Sínodo sobre os Mozos. Os mozos están chamados a ser protagonistas na evangelización. A caridade fai crible o Evanxeo”.

Versión en castelán