Francisco Javier Buide do Real, novo delegado de Ecumenismo

O Boletín Oficial do Arcebispado de Santiago (BOAS) publica no seu número correspondente ao mes de abril o nomeamento do sacerdote diocesano Francisco Javier Buide do Real como delegado diocesano de Ecumenismo, posto no que substitúe a Benito González Raposo, anterior responsable deste departamento diocesano.

Francisco Javier Buide do Real é sacerdote diocesano de Santiago de Compostela, director do Arquivo da Catedral e profesor de Historia da Igrexa no Instituto Teolóxico Compostelán.

Versión en castelán