Imaxes do Arcebispo na súa visita á Grande Obra de Atocha

O Arcebispo de Santiago, Mons. Julián Barrio, presidiu o pasado domingo 30 de agosto na Grande Obra de Atocha, a Eucaristía de Acción de Grazas no día conmemorativo da fundación desta Institución. O Instituto Secular “Fillas da Natividade de María” foi fundado polo sacerdote diocesano D. Baltasar Pardal o 30 de agosto de 1923. Posteriormente, esta data foi escollida para o ingreso solemne das novas incorporacións ou a renovación dos votos das integrantes. Na presente ocasión, celebráronse as vodas de ouro e prata dos primeiros votos relixiosos de varias Fillas da Natividade.

Hai 92 anos, o fundador D. Baltasar vía realizado o seu soño dunha gran escola, unha gran cociña, un gran taller e unha gran igrexa, como resposta á situación de miseria, fame, marxinación e incultura que se atopou no barrio de Atocha ao que fora destinado como sacerdote. O barrio de Atocha da Coruña no ano 1913 era un lugar marxinal onde a fame, a miseria e a incultura tiñan o seu berce. Ante tal situación, Don Baltasar conmóvese e acepta o reto de dar sentido a un conxunto de vidas que vagaban sen rumbo ao longo e ancho do barrio. O soño do sacerdote: un gran comedor, unha gran cociña, unha gran escola e uns grandes talleres ven a luz tras meses de intensa loita contra todo e contra todos, meses de sufrimento e de exercicio de humildade pedindo de casa en casa e mendigando por toda A Coruña para dar aos seus nenos A Grande Obra de Atocha. As xentes contemplaron asombradas o nacemento da Grande Obra de Atocha, que Don Baltasar chamou Grande porque Grandes eran tamén as necesidades do barrio: “chámase Grande a Obra de Atocha porque é dos nenos e dos pobres”; e milleiros de nenos recibiron e reciben nela con amor formación e cultura.  Ao longo dos anos a semente que Don Baltasar depositou no Barrio de Atocha foise estendendo por Galicia ata cruzar o charco para chegar a América. O 15 de Setembro de 1940 A Grande Obra chega a Pontedeume. No ano 1940 tamén, nace a segunda filial en Betanzos. Dez anos despois A Grande Obra chega a Arzúa e fúndase o que hoxe é o Colexio “A nosa Señora do Rosario”.

 

 

Versión en castelán