Indicacións para os Medios ante a celebración do Solemnidade do Apóstolo Santiago

10.30h. O Sr. Arcebispo de Santiago, Excmo. e Rvdmo. Sr. D. Julián Barrio, preside na Catedral a Festividade do Apóstolo Santiago durante a cal se realiza a tradicional Ofrenda Nacional.

Ás 10,00 h. iníciase a Procesión solemne do Excmo. Cabildo, os Sacerdotes concelebrantes e o Excmo. Sr. Arcebispo. Saída ao exterior pola porta de Praterías para, continuando pola rúa de Fonseca, chegar á praza do Obradoiro, onde se incorpora a comitiva civil, co Delegado Rexio. Accede a procesión pola escalinata do Obradoiro, para realizar a entrada solemne na Catedral e proseguir ata o Altar Maior, onde inicia, ás 10:30h, a Misa Pontifical, durante a cal ten lugar a Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago, por parte da Excmo. Sr. Delegado Rexio, D. Miguel Ángel Santalices Vieira, presidente do Parlamento de Galicia.

INDICACIÓNS

REDACTORES: A partir das 9.45h do mércores 25 de xullo poden acceder ao centro de prensa habilitado no Arcebispado (Pza Inmaculada, 1), onde se entregará documentación. Alí haberá unha televisión desde a que se poderán seguir os actos co sinal de TVG.

RADIOS: No centro de prensa habilitado no Arcebispado instalarase un distribuidor de son como noutras ocasións.

TELEVISIÓNS: Como posuidora dos dereitos de retransmisión da cerimonia, a TVG formaliza e establece un sinal “pool” para aquelas canles de televisión que a necesiten. As cadeas poderán presentarse ás 9:45h do mércores 25 de xullo no hall de entrada do Arcebispado de Santiago (Pza Inmaculada, 1). Todas as televisións teñen que achegar cables para a súa conexión. Os conectores que se precisan para a gravación son os seguintes: Vídeo, BNC; Audio, Canon. Ou un conector SDI. Para calquera outra solicitude respecto do sinal de televisión, poderán dirixirse ao departamento de informativos da TVG.

FOTÓGRAFOS: As imaxes da celebración litúrxica no interior da Catedral serán servidas por Axénciaa Efe, así como polos servizos fotográficos do Arcebispado de Santiago.

*Ante un acontecemento destas características, rógase atender ás indicacións que figuran nesta nota para o seguimento da cerimonia. Moitas grazas pola colaboración e pola discreción e prudencia necesarias nunha cerimonia relixiosa.

 

Versión en castelán