Información sobre as misas da Catedral de Santiago (a partir do mes de maio)

-Debido á obras de restauración no interior da Catedral de Santiago, as celebracións litúrxicas trasladáronse a outras igrexas da cidade.

-A Catedral permanece aberta e accesible, e amplía o horario de apertura, todos os días, de 9:00h a 20:00h, para o rito do Abrazo e veneración do sepulcro do Apóstolo Santiago.

-Coa chegada da tempada de maior afluencia de peregrinos e visitantes, organizáronse máis misas, e en diferentes idiomas. Neste sentido, a partir do 1 de xuño, a igrexa de San Fiz acollerá unha nova Misa do Peregrino, ás 19:00 h, que se suma á xa celebrada diariamente ás 12:00h na igrexa de San Francisco. Tamén a partir de xuño, en San Fiz, o Cabildo organizará encontros de oración con peregrinos, ás 20:00 h.

-En canto ás misas en diferentes idiomas, desde este mes de maio, celébranse na capela do Centro de Acollida ao Peregrino (en francés, ás 8:30h, e en inglés, ás 9:30h) e en San Fiz de Solovio (en alemán, ás 8:00h, en polaco –a partir do 1 de xullo-, ás 9:30h e en italiano, ás 10:30h).

Misas da Catedral de Santiago (en español)

07:30h Iglesia de Santa María Salomé

10:00h Iglesia de Santa María Salomé

12:00h Iglesia de San Francisco MISA DO PEREGRINO

18:00h Iglesia de Santa María Salomé (unicamente os sábados e domingos)

19:00h Iglesia de Santa María Salomé

19:00 h Iglesia de San Fiz de Solovio MISA DO PEREGRINO (A partir do 1 de xuño)

20:00 Oración para os peregrinos en San Fiz de Solovio (A partir do 1 de xuño)

Misas en idiomas

Capela do Centro Internacional de Acollida ao Peregrino (Rúa Carretas)

08:30h Misa en francés

09:30h Misa en inglés. A continuación oración bilingüe inglés e español.

17:30h Oración Taizé para Peregrinos.(inglés e español)

*As misas dos grupos serán nesta capela, para a súa organización pódese contactar con liturgia@catedraldesantiago.es

Iglesia de San Fiz de Solovio

08:00h Misa en alemán (A partir do 15 de maio)

09:30h Misa en polaco (A partir do 1 de xullo)

10:30h Misa en italiano.

Celebracións ecuménicas

Na Igrexa de Santa Susana.

Contactar con Don Francisco Buide do Real (636 923 036)

Adoración do Santísimo

Iglesia das Orfas. Ás 9:30h Misa e despois exposición do Santísimo. Ás 19:00h Bendición con Santísimo.

Parroquia de San Fernando De luns a venres. De 9:30h a 20:00h

Versión en castelán