Informe FOESSA

O director diocesano de Cáritas, José Anuncio Mouriño Rañó, presentou datos que figuran no Informe FOESSA relativo a Galicia concernentes ao ano 2018, e que se presentará publicamente o día 26 de setembro nun acto que se celebrará en Santiago de Compostela e no que participasen as cinco Cáritas Diocesanas

Entre outras cuestións sinálase que na nosa Comunidade Autónoma prodúcese un envellecemento da poboación perdéndose un -2,6 % nese ano. Dáse conta de que o modelo de integración é fráxil: o 41,6% da poboación galega atópase nunha situación precaria, e contando cunha alta taxa de vulnerabilidade social. Case un de cada cinco galegos-470.000-  atópase en situación de exclusión social. O 9,1% da poboación-245.858 persoas- está nunha situación de exclusión moderada e o 8,4% -226.946 persoas- en exclusión severa.

O VIII INFORME FOESSA sobre Exclusión e Desenvolvemento Social en España é, en palabras de Guillermo Fernández, coordinador da investigación, “un relato do momento de incerteza no que nos atopamos e unha mirada á nosa cohesión social para analizar como vivimos e reaccionamos ante a gran recesión, como estamos a enfocar a saída e cales son as consecuencias da crise na poscrisis”.

Os resultados do Informe confirman, como sinala Raúl Flores, secretario técnico da Fundación de Estudos Sociais e de Socioloxía Aplicada (FOESSA), “unha situación que aínda que mellora claramente respecto ao 2013, que non alcanza os estándares de 2007 e que, aínda que nos sitúa nunha época nova, segue ancorado nun modelo de desenvolvemento económico, social e antropolóxico caracterizado por unha debilidade distributiva, polas súas dificultades para non deixar a ninguén atrás e con serias dificultades para afrontar e mellorar a vida daqueles que viven a precariedade, das persoas excluídas, dos expulsados que non conseguen saír do pozo da exclusión

A EXCLUSIÓN EN GALICIA NO INFORME FOESSA

No Informe FOESSA relativo a Galicia e concernente ao ano 2018, sinálase, entre outras cuestións, que na nosa Comunidade Autónoma prodúcese un envellecemento da poboación perdéndose un         -2,6% nese ano. Dáse conta de que o modelo de integración é fráxil: o 41,6% da poboación galega atópase nunha situación precaria, e contando cunha alta taxa de vulnerabilidade social. Case un de cada cinco galegos –470.000– atópase en situación de exclusión social. O 9,1% da poboación -245.858 persoas- está nunha situación de exclusión moderada e o 8,4% -226.946 persoas- en exclusión severa. No informe sinálase que o elemento de maior exclusión é a vivenda: o 28,3% da poboación en vivendas inseguras, e o 18,9% en vivendas insalubres. No relativo aos fogares o 30% de familias numerosas, o 23,3 % de familias con fillos e o 22% de familias monoparentais están en situación de exclusión social. Constátase unha maior feminización da pobreza, o 20 % dos fogares sustentados por mulleres están en situación de exclusión.

Finalmente reflicte que a taxa de traballadores pobres é do 12,2 %, e do total da poboación excluída, 4 de cada 10 está a traballar, o cal rompe a idea de que un posto de traballo e un salario saca ás persoas das situacións de exclusión. Este Informe FOESSA sobre Galicia é unha continuación do realizado fai agora cinco anos e no que se profundaba sobre a exclusión e o desenvolvemento social na nosa Comunidade Autónoma.

Este Informe FOESSA sobre Galicia é unha continuación do realizado fai agora cinco anos e no que se profundaba sobre a exclusión e o desenvolvemento social na nosa Comunidade Autónoma. Naquela data denunciábase, como agora, un incremento da desigualdade, o descenso da actividade, a evolución negativa da taxa do paro e a destrución de emprego.

A Fundación FOESSA –Fomento de Estudos Sociais e Socioloxía Aplicada– constituíuse en 1965, co impulso de Cáritas Española pola necesidade de coñecer a situación social de España do modo máis obxectivo e continuado posible. Os seus informes sobre a situación e o cambio social de España manifestan a evolución social, así como as estruturas e tendencias que se corresponden con eses procesos.

Versión en castelán