Integrantes da Permanente de ACG visitaron a Arquidiocese para agradecer a acollida do pasado mes de agosto

Hai algúns días, os pasados 8 e 9 de novembro, os membros da Comisión Permanente da Acción Católica Xeral (ACG) estiveron na nosa Diocese para agradecer a acollida e axuda de todos para a celebración do “Encontro de Laicos de Parroquia” que tivo lugar no pasado mes de agosto.

Ao longo da súa estancia en Santiago, os integrantes da Comisión Permanente de ACG reuníronse co arcebispo, monseñor Julián Barrio, e co seu auxiliar, monseñor Jesús Fernández, e fixéronlles entrega dunha placa conmemorativa como agradecemento a toda a Arquidiocese compostelá.

Tamén mantiveron encontros co delegado diocesano de Apostolado Segrar, Javier Porro, así como cos reitores do Seminario Menor e Maior, Manuel Ferreiro e Carlos Álvarez, respectivamente, a fin de agradecerlles a súa dispoñibilidade e colaboración na celebración do gran encontro do mes de agosto.

Tamén participaron na Tenda do Encontro que organizan a Delegación de Infancia e Mocidade e a Delegación de Pastoral Universitaria e alí compartiron uns momentos cos mozos, á vez que lles agradeceron a súa participación como voluntarios tanto no Camiño de Santiago como no desenvolvemento do encontro.

Versión en castelán