Intensa axenda litúrxica de monseñor Barrio con motivo das celebracións de Semana Santa

  • Este ano, debido ás obras que se están realizando na Catedral, terán lugar na Igrexa de San Francisco, excepto a Misa Crismal que se celebrará en San Martín Pinario

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, presidirá as celebracións litúrxicas de Semana Santa, que este ano, debido ás obras que se están realizando na Catedral, terán lugar na Igrexa de San Francisco, excepto a Misa Crismal do Martes Santo que se celebrará na Igrexa de San Martiño Pinario. Na axenda do arcebispo está previsto, tamén, que mañá, venres, se traslade á Coruña para as celebracións da Virxe das Dores na parroquia de San Nicolás. Ademais, hoxe, xoves, monseñor Barrio presidirá a Eucaristía na que recibirán os ministerios de lectores e acólitos seis seminaristas diocesanos, na Capela do Seminario Maior.

Monseñor Barrio presidirá o domingo 14 de abril, Domingo de Ramos, a procesión da Borriquiña, bendicirá os ramos na Quintana, e celebrará a Eucaristía en San Francisco. O Xoves Santo haberá celebración comunitaria da Penitencia en San Francisco, ás 12:00 horas, e a Santa Misa da Cea do Señor, presidida polo arcebispo, desenvolverase neste templo a partir das 18:00 horas.

Tamén haberá celebración da Penitencia o Venres Santo, á mesma hora do día anterior. Pola tarde, monseñor Barrio presidirá a Celebración da Paixón do Señor, ás 18:00 horas. Ao seu termo desenvolverase o Desencravo.

Para o Sábado Santo tamén hai prevista unha celebración penitencial, ao mediodía. Xa pola tarde, ás 18:00 horas rezarase o Vía Crucis. E pola noite, desde as 22:00 horas, a Igrexa de San Francisco acollerá a Solemne Vixilia Pascual presidida polo arcebispo.

No Domingo de Resurrección, o arcebispo presidirá desde as 11:00 horas a saída da procesión, co Encontro con Cristo Resucitado na Praza da Quintana. Ás 12:00 horas, presidirá na Igrexa de San Francisco a Misa Estacional.

Actos litúrxicos do arcebispo en Semana Santa 2019

14 de abril: Domingo de Ramos

11:00 h. Saída de San Francisco da Procesión da Borriquiña.

11:30 h. Praza da Quintana: Bendición de Ramos.

12:00 h. Procesión á Igrexa de San Francisco.

Ao chegar: Misa Estacional na Igrexa de San Francisco.

Preside o Excmo. Sr. Arcebispo.

 

16 de abril: Martes Santo

12:00 h. Na igrexa de San Martiño Pinario. Santa Misa Crismal.

Consagración de Santos Óleos e Santo Crisma.

Preside o Excmo. Sr. Arcebispo.

 

18 de abril: Xoves Santo

12:00 h. Igrexa de San Francisco: Celebración comunitaria da Penitencia.

18:00 h. Igrexa de San Francisco: Santa Misa da Cea do Señor.

Preside o Excmo. Sr. Arcebispo.

 

19 de abril: Venres Santo

12:00 h. Igrexa de San Francisco: Celebración comunitaria da Penitencia.

18:00 h. Igrexa de San Francisco: Celebración da Paixón do Señor.

Preside o Excmo. Sr. Arcebispo.

A continuación: Desencravo.

 

20 de abril: Sábado Santo

12:00 h. Igrexa de San Francisco: Celebración comunitaria da Penitencia.

18:00 h. Igrexa de San Francisco: Vía Crucis.

22:00 h. Igrexa de San Francisco: Solemne Vixilia Pascual.

Preside o Excmo. Sr. Arcebispo.

 

21 de abril: Domingo de Pascua

11:00 h. Saída Procesión.

11:15 h. Encontro con Cristo Resucitado na Praza da Quintana.

12:00 h. Igrexa de San Francisco: Misa Estacional.

Preside o Excmo. Sr. Arcebispo.

Con Bendición Apostólica e indulxencia plenaria.

Versión en castelán