Intervención de mons. Barrio en Cope: 3 de maio de 2019

“Hai que obedecer a Deus antes que aos homes”. Estas palabras do libro dos Feitos dos Apóstolos indícannos cal era a actitude con que os apóstolos afrontaban os seus primeiros traballos de evangelización. O relato dos Feitos é a crónica, sempre testemuñal, da comunidade que vive da Resurrección do Señor e da graza do Espírito. Na primitiva Iglesia, a pesar das debilidades humanas, non había lugar nin para o desánimo nin para a tristeza e menos para a rutina, ese inimigo invisible que está presto a infiltrarse nas nosas vidas e acalar o entusiasmo pascual.

Sempre hai motivos para a esperanza, aínda que en ocasións custe velos nese día a día que fatiga e leva a replegarnos sobre nós mesmos. Sempre hai razóns para estar dispostos a proclamar a alegría de Cristo resucitado, a pesar de que o ambiente que nos rodee tenda a prescindir desa dimensión espiritual que nos abre á transcendencia.

Hai uns días asistín ao encontro do Apostolado seglar, de movementos e asociacións laicales da nosa diocese. O pasado mércores tiña o gozo de reunirme cos diocesanos máis pequenos, con nenos e nenas de terceiro a sexto de Primaria. E nas próximas semanas presidirei as confirmacións de numerosos novos… Son todos signos de vitalidade eclesial no medio da cerimonia da confusión na que podemos caer, pagando unha peaxe a ese espírito do mundo que trata de ignorar a riqueza que proporciona ao home o acontecemento da Resurrección.

Sígovos lembrando o que vos dicía na miña mensaxe do Domingo de Pascua: ¡Non sepultemos as brasas do Evanxeo da Resurrección debaixo de tantas cinzas acumuladas! ¡Anunciémolo! O cristián ha de dialogar sempre con quen espera. É a misión que se nos encomenda na Pascua. Nin a tristeza, nin a amargura, nin moito menos a desesperanza teñen nada que ver con Cristo resucitado e con quen lle segue”.

Non deixemos físgoa ao desalento. Temos que seguir construíndo a Cidade de Deus no medio da dos homes. O noso empeño é construír o Reino contribuíndo ao ben común de todos, no nome de Deus e ao servizo do home.

Versión en castelán