Intervención de Mons. Barrio en Cope: 7 de decembro de 2018

A Igrexa celebra mañá a Inmaculada Concepción. Desde o punto de vista cronolóxico é o terceiro gran dogma definido polo maxisterio pontificio sobre a Nai de Deus. Definiuno o papa Pío IX en 1854 e viña reafirmar o que era xa patrimonio da fe desde antigo: que a bienaventurada Virxe María foi preservada de toda mancha de pecado xa desde o seu mesma concepción. Un privilexio especialísimo concedido pola graza de Deus en atención aos méritos de Xesucristo. Como lembrou o papa san Xoán Paulo II, o dogma formulouse tendo moi en conta a “praxe da Igrexa, as expresións do que se vivía na Igrexa, da fe e do culto do pobo cristián”[1].

A Purísima, representa o comezo da Igrexa, esposa de Cristo sen mancha nin engurra. É a avogada de graza e exemplo de santidade para o pobo de Deus, e a primeira realización plena do plan de Deus. Hoxe chámallenos a despregar engúrralas do noso corazón para que podamos ser santos e irreprochables ante Deus.  Como escribe o papa Francisco, a santidade é o rostro máis belo da Igrexa.

Honremos pois á nosa Nai. Como o fixeron onte centos de mozos de toda a diocese cos que tiven a alegría de compartir unha Vixilia de oración e de convivencia en torno precisamente á nosa Nai, María Inmaculada. Que ela nos guie neste período de Advento ata o seu Fillo, cuxo nacemento agardamos xa con expectación e esperanza desbordantes.

[1] XOÁN PAULO II. Audiencia Xeral do mércores 12 Xuño 1996.

Versión en castelán