Intervención de Mons. Barrio en Cópea: 26 de xaneiro de 2018

 

Permitídeme que esta semana entre nos vosos fogares a través da radio e fálevos dos vosos fillos. Escribinlles unha carta con motivo da Xornada da Infancia Misioneira que celebraremos este próximo domingo, na que lles dicía: “Agora tócavos a vós a atrevervos a ser misioneiros dando a coñecer a Jesús, sendo entusiastas e alegres evanxelizadores para quen non coñecen a Jesús”. Estou plenamente convencido de que vós, os seus pais, ides axudar nesa tarefa para seguir estando orgullosos deles. Son os pequenos quen moitas veces móstrannos o valor e o compromiso nesa misión que todos recibimos xa no noso Bautismo.

Na carta coméntolles que “Esta é a misión que vos espera, queridos nenos e nenas, e que comporta coñecer a Palabra de Deus, prepararvos na catequese, rezar e participar nos sacramentos da penitencia e da eucaristía, sabendo que a cruz nos incorpora á morte de Cristo como o están manifestando hoxe tantos nenos na Igrexa”. E penso que o entenden moi ben, porque o seu corazón está aínda cheo desa inocencia que non ten temor algún en mostrar a súa fe en Cristo, ese amigo que nunca falla.

Tedes uns grandes fillos. Capaces de entender o sufrimento doutros nenos e de achegar para eles unha contribución económica que aínda sendo pouca é sempre moito na balanza con que Deus pesa o amor que se pon nas mans do compartir.

“Son moitos os nenos que están a necesitar da vosa oración e da vosa axuda económica”, explicáballes eu. E “grazas a isto tantos nenos que non coñecen a Jesús, non teñen escolas, están sometidos a traballos inhumanos e senten esquecidos e marxinados, poderán vivir doutra maneira, tendo unha vida semellante á vosa”.

Agradézovos que mostredes aos vosos fillos as necesidades doutros nenos noutros lugares e noutras terras. A Xornada da Infancia Misioneira ábrelles un horizonte de solidariedade na verdade do Evanxeo. Xa lles dicía na carta que rezo por eles. Agora dígovos a vós, pais e nais, que rezo por vós e dou grazas polos vosos fillos.

Versión en castelán