Itinerario de Discípulos Misioneiros na Diocese de Santiago de Compostela

Nas diferentes sedes da Escola Diocesana de Axentes de Pastoral está a comezarse o Itinerario de Discípulos Misioneiros.

Consiste nun plan de formación, cunha duración de dous cursos con doce sesións formativas dunha hora e media, dous encontros diocesanos e dous retiros (en Advento e Coresma).

Este itinerario de formación ten como obxectivo prioritario, o axudar a espertar o Bautismo recibido como cristiáns, e fortalecer o compromiso misioneiro dos axentes de pastoral das diferentes comunidades. Para iso, no primeiro curso, propuxéronse unha serie de catequeses kerigmáticas, que van incidir en aspectos fundamentais da fe; e, ademais, os temas específicos de formación, de carácter introdutorio, relacionados coas catro mediacións da Igrexa: o anuncio, a celebración, o testemuño e o servizo.

No segundo curso, ofreceranse diferentes itinerarios relacionados cos distintos ministerios que se poidan desenvolver nas comunidades: un deles será o itinerario de catequista e formador da fe.

 

Versión en castelán