O Seminario Menor acolle este sábado aos participantes na Asemblea Diocesana de fin de curso

A cita estará presidida polo arcebispo, monseñor Julián Barrio, e dará comezo a partir das 10:30 horas

O Seminario Menor de Belvís acollerá este sábado día 3 de xuño aos participantes na Asemblea Diocesana de fin de curso, unha cita que dará comezo a partir das 10:30 horas e que estará presidida polo arcebispo compostelán, monseñor Julián Barrio. Este acontecemento, ao que están convidados a asistir sacerdotes, diáconos, consagrados, laicos e colaboradores en tarefas pastorais da diocese de Santiago, coincide coa celebración, este Domingo de Pentecoste, do Día da Acción Católica e do Apostolado Segrar.

A asemblea diocesana, na que se realizará un balance do curso que acaba, marcado polo peche do Sínodo Diocesano, finalizará sobre 14:00 horas. Pola tarde, o arcebispo presidirá na Catedral, a partir das 19:30 horas, a Eucaristía na que un grupo de persoas recibirán tamén o sacramento da Confirmación. Para preparar esta celebración, na Igrexa de san Fructuoso haberá unha vixilia de oración entre as 16:30 e as 18:30 horas.

A Orde do día da Asemblea Diocesana será o seguinte:

  • 10: 30 h. Celebración da fe, saúdo e palabras do Sr. Arcebispo
  • 11: 15 h. Reunión de grupos: avaliación e propostas de futuro
  • 12: 30 h. Descanso
  • 13: 00 h. Posta en común. Rogos e preguntas
  • 14: 00 h. Final da Asemblea

 

Versión en castelán