A Catedral de Santiago comeza unha nova campaña de voluntariado de acollida ao peregrino

Do mesmo xeito que en anos anteriores, desde a Catedral de Santiago empezouse a traballar na campaña de voluntariado 2018 para a acollida ao peregrino na Oficina do Peregrino e nos Albergues de Acollida Cristiá no Camiño. Trátase dunha iniciativa moi importante e moi valorada entre os peregrinos que cada día chegan ata a catedral compostelá, que desta maneira séntens recibidos e acollidos no seu propio idioma e poden compartir experiencias con outras persoas. Estes voluntarios prestarán os seus servizos no novo Centro de Acollida ao Peregrino, situado no antigo asilo de Carretas. Previamente recibirán un pequeno curso de formación.

De maneira complementaria, tamén se pon un marcha en programa de voluntariado para Hospitaleiros do Camiño, é dicir, voluntarios que poidan colaborar na atención ao peregrino nos albergues xestionados pola Igrexa e por ordes relixiosas. Para este ano 2018 solicítanse voluntarios para os albergues das Carbajalas, en León, a Hospedería da Santa Cruz, en Sahagún, Albergue Espírito Santo, de Carrión de los Condes, o Albergue Domus Dei de Foncebadón, o Albergue San Nicolás de Flúe, de Ponferrada, o Albergue Parroquial do Acivro, o albergue das Servas de María de Astorga e o albergue de O Milladoiro.

As quendas de voluntariado organizaranse en quincenas, durante todo o ano. Para poder participar como voluntario basta con solicitalo na propia Oficina de Acollida ao Peregrino (Rúa de Carretas, 33) ou a través do correo electrónico info@acogidacristianaenelecamino.es e no teléfono 981 56 88 46.

Foto: www.catedraldesantiago.es

Versión en castelán